Internacional

E da Galiza chega-nos este pedido de divulgação:


“Aquí tedes unha mostra do que fai o PP dende que está no goberno:

MENTIR, pero ademáis engade algo moito peor: FALTAR ao respeto a traballadores que ingresaron nun proceso público, plurar e aberto, con tres probas de acceso (exame teórico, exame práctico e proba de galego) o que non se pode dicir noutros procesos de selección realizados por eles.

Se queren PECHAR un servizo público, dirixido a persoas  dos concellos máis pequenos que o fagan, pero que non usen excusas. Non hai duplicidade os servizos equiparables (CIM) están en concellos grandes, mentres que as oficinas I+B actúan en concellos de comarcas onde non existen eses centros. Volvemos a ter cidadáns de 1ª e de 2ª?

Deixemos de lerias e esixamos DIGNIDADE, RESPETO e a DEMISIÓN dos responsables.

http://www.youtube.com/watch?v=h48oUy3hwgw


Dádelle toda a publicidade que poidades en tódolos niveis posibles.

Grazas

Fuco”

(se não conseguir abrir o vídeo clique na seta do canto superior direito para seleccionar “ver este vídeo numa janela nova”